martes, 21 de junio de 2016

Verán 2016

Boas amigos!

Temos boas novas... o vindeiro mes de xullo, estrearemos o noso novo espectáculo! Ambientado nunha mansión do século XIX, os seus inquilinos viven unha vida na que reina a rutina e agardan impacientes por calquera oportunidade de cambio. Estamos xa ultimando detalles para que todo saia a pedir de boca :D

En "P.O.E", agardaravos unha inesquecible viaxe ao pasado da man duns personaxes tan afeitos os uns aos outros que as súas historias perderon toda posibilidade de sorprendelos. Parécevos un trabalinguas? Vinde descubrir a verdade o próximo 23 de xullo na Casa da Cultura de Boiro.



PD: Ah, e non esquezades que o día 15 de xullo repetimos cos zombies!

lunes, 1 de febrero de 2016

Creando o novo espectáculo

Boas amigos do teatro!

Este 2016 comezámolo con moitísimas ganas e ilusión de cara o novo espectáculo, e non é para menos! Todos estamos cheos de ideas e o director non dá abasto escribindo páxinas para cada ensaio. Morremos de ganas de mostrárvolo, pero aínda teredes que agardar uns mesiños máis... 

Sabemos que non podemos dicirvos nadiña para que todo sexa unha sorpresa, pero bueno... sen que se entere o noso director, contarémosvos un segredo... vai ser unha viaxe cara atrás no tempo! 

Aínda así, agardamos poder representar de novo a obra que temos en cartel "Zombieeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeessssss!!!!!!!!... zombies...?" que tivo unha acollida estupenda polo público, especialmente en Boiro, por sermos os seus favoritos ;) Mentres tanto, podedes seguir as nosas evolucións nesta nova posta en escena na nosa páxina de facebook.

Moitas grazas por seguirnos!