miércoles, 7 de agosto de 2013

Entrevista a Gustavo Dieste: Promoción de Teatro Agochado


Aquí tedes o Link: «span lang="gl"O público verá a casa de cultura da Cachada dun xeito diferente/span»


«O público verá a casa de cultura da Cachada dun xeito diferente»
Dirixe un proxecto pioneiro en Barbanza de microteatro


SARA MARTÍNEZ / M. X. BLANCO
Ribeira / la voz 07 de agosto de 2013 05:00


O actor tamén leva a cabo en ocasións tarefas de control da luz e o son nas obras. CARMELA QUEIJEIRO


A casa de cultura da Cachada celebra o seu 25 aniversario. Para conmemorar o cuarto de século, tanto mañá coma o venres pola noite, acollerá unha experiencia novedosa. O grupo Teatro do Improvisto, con Gustavo Dieste á cabeza, realizará unha actividade de microteatro na que o público verá o edificio dun xeito diferente. O director, oriúndo de Teo, pero residente en Boiro desde hai case 25 anos, asegura que é unha iniciativa enriquecedora e dinámica, e espera que teña gran acollida.


-¿En que consiste exactamente o microteatro?
-É unha experiencia de teatro distinta. Mediante varias obras de curta duración facemos que o público participe directamente na composición. Búscase que compartan escenario cos actores, que os sintan respirar, que perciban cada un dos seus movementos, queremos que os participantes noten a diferenza con respecto a ver teatro dende unha butaca.

-¿Como xurdiu a oportunidade de levar esta idea á casa de cultura de Boiro?
-Esta entidade cumpre 25 anos e a concelleira de Cultura considerou que sería interesante poñerse en contacto comigo para facer algo diferente para conmemoralo. A idea xurdiu porque é un estilo que comeza a gañar popularidade en Galicia e pareceume unha boa forma de que os veciños se acercasen á Casa da Cultura e a coñecesen de forma distinta. É unha experiencia piloto na zona, é a primeira vez que se fai en Boiro.

-¿Que poderá ver o público nas diferentes obras?
-Os distintos grupos percorrerán as diferentes salas da casa de cultura mediante cinco experiencias de microteatro. Dentro de cada unha delas estarán no propio escenario, preto dos actores. Cada escena terá unha temática variada, metateatro, farsa, comedia e outros estilos para que o público disfrute de mostras de teatro diferentes. Os compoñentes do grupo de teatro estarán actuando continuamente.

-¿Por cantas persoas estarán compostos os grupos?
-Sobre 8-10 persoas irán pasando cada 20 minutos dunha obra a outra. Desta forma é máis intimo e poderán apreciar tódolos detalles.

-¿Cal é a duración estimada da actividade?
-En xeral, o percorrido de cada grupo durará 45 minutos, sumando a duración das mostras e o tempo que tarden en desprazarse dunha estancia a outra. Cada obra prolóngase entre 5 e 8 minutos. Contamos con ter sobre 5 ou 6 grupos cada noite, pero no caso de que sexan máis estaremos ata que non haxa xente.

-¿Que idade teñen os compoñentes do grupo de teatro?
-É un grupo cun rango de idade moi variado. Contamos con participantes desde os 13 anos ata os 70.

-¿Ten pensado repetir esta experiencia nalgún novo proxecto que realice?
-Se esta experiencia sae ben, xa lle botei o ollo a outros espazos do municipio boirense para repetir nun futuro unha iniciativa similar.

Gustavo G. Dieste, director de teatro

domingo, 4 de agosto de 2013

Teatro Agochado

                E por fin o espectáculo que estábades agardando! Teatro do Improvisto presenta este xoves e venres ás 22:00, na Cachada, o seu novo traballo. O edificio que nos leva agochando durante a vida da nosa compañía está de aniversario. Para celebrar os seus 25 anos, o grupo convídavos a facer unha ruta moi especial polas súas estancias. Baixo a nosa guía, poderedes recorrer o edificio e coñecer as historias que agocha. As paredes que gardan aos actores teñen moito que contar... non volo perdades!



                Recordámosvolo: os días 8 e 9 de agosto, ou sexa, este xoves e venres, ás 22:00 horas na Casa da cultura. Tendo en conta as caracterírsticas dos espazos que vos imos ensinar, formaremos grupos de 10-12 persoas, e comezarán con 20 minutos de diferencia cada un. 

                Achegádevos e disfrutade da experiencia da man de Lois Pimentel, Irene V. Coria, Rosa Saavedra, Richi Maneiro, Loreto Ábalo, Antonio Redondo, Manolo Blanco, Lucía Outeiral, Sara Nieto, Rebeca Mayo e Liza Suárez, baixo a dirección de Gustavo G. Dieste.