martes, 23 de abril de 2013

Teatreiros sen tregua!

        Fai pouco máis de dúas semanas que estreamos o noso último espectáculo, pero non imos descansar! Xa estamos preparando as nosas próximas actividades:


  •  Día das letras galegas: este ano, o 17 de maio adícaselle ó gran teatreiro Roberto Vidal Bolaño, e dende Teatro Do Improvisto queremos honralo. O venres 17 de maio, realizaremos na rúa unha versión "exprés" dunha súas máis fermosas obras infantiles, Animaliños. 





  •  Aniversario da Casa da Cultura: este ano, cumpre 20 anos, e dende Teatro Do Improvisto imos a celebralo. A finais do mes de xullo, realizaremos un novo proxecto, un pouco distinto do que levamos facendo ata agora. As prazas para asistir a esta actuación serán limitadas, así que será necesaria a inscripción. Daremos máis detalles. De momento, só vos adiantamos que a nosa intención é chegarvos moi preto.


Así que, xa sabesdes, en Teatro do Improvisto, non nos tomamos un descanso nin para xantar. E é que nos chifla ensaiar. Hacker diravos que nos chifla ensaiar. Ata logo!

martes, 9 de abril de 2013

Estreo de "Morte" para morrernos de risa





                   Dende Teatro Do Improvisto queremos darlle as gracias a todos os que estibéchedes connosco esta fin de semana. Esperamos que volo fixéramos pasar ben e morrérades coa risa. Tanto para vós como para os que non estibéchedes, deixámosvos unhas fotos para recordar e resumir os mellores momentos.  















miércoles, 3 de abril de 2013

Promoción de "Morte, unha comedia" en RADIO BOIRO

Os nosos actores achegáronse o pasado luns á radio local para falar do proxecto que imos estrear esta fin de semana. Aquí tedes a entrevista!



E aquí vos deixo tamén o link da entrevista, por se acaso!


E ós nosos representantes nesta ocasión! Richi Maneiro, Pili Ouviña, Rosa Saavedra, e, a recén estrenada no formato, Irene V. Coria.


Lembrade! O venres e o sábado, ás 20.30 na Casa da Cultura de Boiro. A entrada terá un custo aproximado de 1.5 euros, e as risas estarán aseguradas.


Morte, unha comedia. De Woody Allen


                        E voltamos á escena, esta vez cunha comedia do gran dramaturgo, Woody Allen. Esta fin de semana, teremos unha estrea dobre. O venres e o sábado seremos vosos para entretervos, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura no parque da cachada. O voso grupo municipal, sempre convosco!

                     
Nunha pequena cidade, un maníaco solto revoluciona a toda a poboación, que se lanza ás rúas para intentar atrapalo con un inxenioso e complexo plan. E Kleiman forma parte do plan. Oh, sí. Xa se lle informará....