lunes, 13 de junio de 2011

Creación e nacemento do grupo

"Teatro do Improvisto" é o grupo de teatro municipal do concello boirense e ten xa dezasete anos de vida dende o seu nacemento e creación.
  Formouse trala organización dun taller de teatro en colaboración coa Deputación de A Coruña, en outubro de 1994. Durante o mesmo realizáronse diversaas técnicas de expresión corporal, ortofonía e dicción en sesións semanais de dúas horas.
  Como colofón do curso represéntase a obra "Así é se vos parece" de Liugi Prandello, baixo a dirección de Santiago Nieto (Técnico de cultura no Concello de Outes) e que foi escenificada no propio Concello en xuño de 1995. Santiago sería director do grupo nas dúas seguintes obras representadas.
  Rematado o taller e tralo éxito acadado, os participantes deciden formar un grupo e poñerlle o nome de Teatro do Improvisto. Actualmente o grupo está integrado por seis actrices/actores, todo á vez que se trata dun grupo aberto a calquera persoa que amose ganas de facer teatro. As idades están entre 18 e 20 anos,
  Outros directores que formaron parte do grupo foron Artur Trillo Sendón dende a representación da terceira obra, e cabe destacar o seu premio 2004 ó mellor actor nos "María Casares"; logo estivo ó mando Toño Casais coas obras "Sopa de radio" e "O rei nu".
  Finalmente, quen nos dirixe dende fai tres anos é Gustavo G. Dieste, que antes formaba parte do elenco do grupo e pasou a ser director logo da marcha de Toño Casais. Con el representouse a obra "O lado torto do mundo" e varias sesións de monólogos.

jueves, 2 de junio de 2011

Benvidos

Benvidos ó novo blog de Teatro do Improvisto, no que iremos subindo entre todos os contidos das nosas funcións, textos propios, novas sobre o grupo, e videos coas actuacións.
Non volo perdades! En breves, empezaremos a traballar nel!