domingo, 19 de mayo de 2013

Entrevista a Gustavo Dieste en Radio Boiro



Deixámosvos aquí o link á entrevista que lle fixeron a Gustavo G. Dieste, o noso director, en Radio Boiro. Gus falou da actividade que iamos a realizar o Día das Letras Galegas, de Roberto Vidal Bolaño, e de outras cuestións relacionadas coa actividade actual de Teatro do Improvisto.


Letras Galegas

                 E como xa anunciáramos, o pasado 17 de maio fixemos un homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, conmemorado este ano nas letras galegas, e cada vez que se representa unha obra de teatro en galego. Para os teatreiros galegos é unha figura moi especial, pai do teatro profesional de galicia, e nós quixemos recordalo como máis nos gusta: Facendo teatro!

                 Armámonos cunha nariz de clown (que, como el afirmaba, che da dereito a falar libremente), unha gabardina, sombreiro, luvas brancas, e presentámonos no hall da casa do concello a representar unha versión express dun dos seus textos máis divertidos: "Animaliños".


                 Vestidos como o famoso dramaturgo, interpretamos a diversos habitantes dunha comunidade de veciños (algúns non moi humanos...) que sufrían dunha praga de caracois no seu querido xardín. Un texto cargado de intención política, adaptado en formato clown para toda a familia. Os nenos, adultos e actores desfrutamos como cativos ante este espectáculo case improvisado. 
                 Á nosa actuación acompañouna a lectura de poemas galegos por parte dos máis cativos, e unha representación de Xoán Curiel, un cantautor galego, que nos fixo bailar e pasalo ben. Mención especial en este último caso á nosa Becky, con un don para dinamizar. 

                 E despois desta actuacón recordade que, en pouco máis de 2 meses xa nos tedes de novo, con un proxecto novo e especial para nós, que nos achegará a vos máis do que pensades... Estade atentos para máis información!