lunes, 21 de noviembre de 2011

Comezamos de novo

Esta fin de semana o grupo reuniuse na Casa da Cultura de Boiro, para retomar os ensaios e falar do posible novo texto que preparaemos para o ano que vén.

A sesión contou con novas incorporacións, de idades variadas. Os novos integrantes son Manolo, Irene, Loreto, Belén e Antonio, que agardamos estean con nós moito tempo.
Entre tanto, deixámosvos cun vídeo das sesións preparatorias de marionetas, que foi a clave na que se desenvolveu o espectáculo de Romeo e Xulieta. Agardamos que vos guste.

viernes, 7 de octubre de 2011

Richi Maneiro «O pase benéfico foi boa idea para axudar a Paula»

O pasado domingo, a compañía Teatro do Improvisto fixo un pase benéfico da obra Romeo y Julieta de Shakespeare. O obxectivo era recadar fondos para a pequena Paula, unha nena de Boiro que naceu sen sacro e sen dúas vértebras e só un tratamento alemán lle da esperanzas de curación aos seus pais. Richi Maneiro, o encargado de interpretar a Romeo, asegurou: «Cubríronse as expectativas, incluso moita xente tivo que utilizar cadeiras pegables e outros quedáronse fóra».

-¿Como xurdiu a idea de facer un pase benéfico?

-Propúxoo unha das actrices que escoitara o caso. Ao director e ao resto de actores pareceunos unha moi boa idea para axudar aos pais desta nena para que poida comezar con ese tratamento canto antes.

-O público infantil é moi esixente, ¿como foi a súa crítica?

-Para ser a primeira vez que traballo con nenos, bastante ben. Ríanse e estiveron moi entretidos. Escoitábamos a algúns nenos como lle dicían aos seus pais que calaran que non podían escoitarnos.

-¿Que tipo de adaptacións incluíron para os nenos?

-Introduciuse unha canción de cumpreanos feliz para que cantaran os nenos e as liortas entre as familias de Romeo e de Julieta representaronse con xogos populares. E tamén, por exemplo, as mortes dos protagonistas mesturaron humor e dramatismo para que os pequenos non o viran como algo malo.

-¿Quen se encargou de facer as adaptacións?

-Moitas delas foron propostas polo director e de outras encargámonos os propios actores. A idea era adaptala de maneira que os nenos comprenderan a esencia orixinal da historia de Shakespeare.

-¿Fixeron máis pases por causas benéficas noutras ocasións?

-Que eu saiba non, polo menos dende que eu estou aquí. Pero non creo que se descarte a posibilidade de colaborar con este tipo de causas nun futuro.


-É a primeira vez que desenvolvea o papel de protagonista. ¿Como foi?

-Penso que foi todo un risco para o director. Levo moi pouco tempo na compañía e enseguida pensou en min para este papel. Para min foi un reto facilísimo, collín o papel con tranquilidade.

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/09/30/0003_201109B30C2995.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Paula

Como xa sabedes, a estrea de Romeo e Xulieta para nenos e nenas será unha obra benéfica, para recaudar cartos para a operación de Paula. A rapaza de pouco máis dun aniño, naceu sen coxis e sen dúas vértebras, polo que ten que ser operada nunha clínica alemana, unha das únicas con experiencia neste tipo de casos.
Marcha xa para alá hoxe, polo que non poderá asistir á estrea. Non obstante, veu a ver un dos nosos ensaios.
Moita sorte Paula!

A entrada da obra custará un euro, e todo o que se saque irá para ela. Ademais, haberá "entradas sen butaca", para colaborar para a causa aínda que non poidades quedarvos á obra. Así que non teñades medo de colaborar, que cada euro conta. ^^!

martes, 13 de septiembre de 2011

ROMEO E XULIETA, PARA NENOS E NENAS


E por fin, despois dun verán traballando, chegou o momento!!
Agardámosvos o día 25 de Septembro en Boiro, ás 20.00, con esta nova obra do grupo!!

martes, 6 de septiembre de 2011

Os luns con teatro 30/05/2011

Os luns deste verán, Teatro do Improvisto estibo indo á radio local de Boiro, para amenizar as mañáns.
Non te perdas os programas, agora dispoñibles online!

Programa do luns 6 de xuño, con Lizza Suárez (isa), Sara Nieto e Rocio Sánchez.

Ir a descargar

Monólogos en Abanqueiro - O mundo tende ó caos

Monólogos en Abanqueiro - Son previsora

Monólogos en Abanqueiro - Homes preñados

Monólogos en Abanqueiro - Neuronas

Monólogos en Abanqueiro - Rocío e Ruper, Guiris

Monólogos en Abanqueiro - Os pixamas

Monólogos en Abanqueiro - Richi e o melocotón que morreu por culpa túa

Suspendidas as Xornadas Teatrais

Por problemas de coordinación de actividades, as xornadas teatrais quedan pospostas ata o ano que ven. Manteremosvos informados!

miércoles, 3 de agosto de 2011

Próximamente... Teatro Boiro 1.1

XORNADAS DE IMPROVISACION TEATRAL
Orientadas a nenos de 6 a 12 anos

XOVES   18: ás 11:30 sesión de contacontos

VENRES 19: ás 11:00 Taller de Expresión Corporal
                       ás 17:00 Taller de Improvisación Teatral

SÁBADO 20: ás 11:00 Representación improvisada polos rapaces das
                       xornadas

INSCRICIONS GRATUITAS!!!
- NO CENTRO SOCIAL ( OMIX)
- NO CORREO ELECTRÓNICO: teatrodoimprovisto@hotmail.com
PRAZA MÁXIMO DE INSCRIPCIÓN: 15 DE AGOSTO

Monólogos en Abanqueiro - Hansel e gretel

Monólogos en Abanqueiro - A comida nos hospitais




Monólogos en Abanqueiro - Lastimeime o dedo

Monólogos en Abanqueiro - Cómo ser borde

Monólogos en Abanqueiro - Os velatorios

Monólogos en Abanqueiro - Pamela Jolie

lunes, 13 de junio de 2011

Creación e nacemento do grupo

"Teatro do Improvisto" é o grupo de teatro municipal do concello boirense e ten xa dezasete anos de vida dende o seu nacemento e creación.
  Formouse trala organización dun taller de teatro en colaboración coa Deputación de A Coruña, en outubro de 1994. Durante o mesmo realizáronse diversaas técnicas de expresión corporal, ortofonía e dicción en sesións semanais de dúas horas.
  Como colofón do curso represéntase a obra "Así é se vos parece" de Liugi Prandello, baixo a dirección de Santiago Nieto (Técnico de cultura no Concello de Outes) e que foi escenificada no propio Concello en xuño de 1995. Santiago sería director do grupo nas dúas seguintes obras representadas.
  Rematado o taller e tralo éxito acadado, os participantes deciden formar un grupo e poñerlle o nome de Teatro do Improvisto. Actualmente o grupo está integrado por seis actrices/actores, todo á vez que se trata dun grupo aberto a calquera persoa que amose ganas de facer teatro. As idades están entre 18 e 20 anos,
  Outros directores que formaron parte do grupo foron Artur Trillo Sendón dende a representación da terceira obra, e cabe destacar o seu premio 2004 ó mellor actor nos "María Casares"; logo estivo ó mando Toño Casais coas obras "Sopa de radio" e "O rei nu".
  Finalmente, quen nos dirixe dende fai tres anos é Gustavo G. Dieste, que antes formaba parte do elenco do grupo e pasou a ser director logo da marcha de Toño Casais. Con el representouse a obra "O lado torto do mundo" e varias sesións de monólogos.

jueves, 2 de junio de 2011

Benvidos

Benvidos ó novo blog de Teatro do Improvisto, no que iremos subindo entre todos os contidos das nosas funcións, textos propios, novas sobre o grupo, e videos coas actuacións.
Non volo perdades! En breves, empezaremos a traballar nel!