martes, 21 de junio de 2016

Verán 2016

Boas amigos!

Temos boas novas... o vindeiro mes de xullo, estrearemos o noso novo espectáculo! Ambientado nunha mansión do século XIX, os seus inquilinos viven unha vida na que reina a rutina e agardan impacientes por calquera oportunidade de cambio. Estamos xa ultimando detalles para que todo saia a pedir de boca :D

En "P.O.E", agardaravos unha inesquecible viaxe ao pasado da man duns personaxes tan afeitos os uns aos outros que as súas historias perderon toda posibilidade de sorprendelos. Parécevos un trabalinguas? Vinde descubrir a verdade o próximo 23 de xullo na Casa da Cultura de Boiro.



PD: Ah, e non esquezades que o día 15 de xullo repetimos cos zombies!

lunes, 1 de febrero de 2016

Creando o novo espectáculo

Boas amigos do teatro!

Este 2016 comezámolo con moitísimas ganas e ilusión de cara o novo espectáculo, e non é para menos! Todos estamos cheos de ideas e o director non dá abasto escribindo páxinas para cada ensaio. Morremos de ganas de mostrárvolo, pero aínda teredes que agardar uns mesiños máis... 

Sabemos que non podemos dicirvos nadiña para que todo sexa unha sorpresa, pero bueno... sen que se entere o noso director, contarémosvos un segredo... vai ser unha viaxe cara atrás no tempo! 

Aínda así, agardamos poder representar de novo a obra que temos en cartel "Zombieeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeessssss!!!!!!!!... zombies...?" que tivo unha acollida estupenda polo público, especialmente en Boiro, por sermos os seus favoritos ;) Mentres tanto, podedes seguir as nosas evolucións nesta nova posta en escena na nosa páxina de facebook.

Moitas grazas por seguirnos!

lunes, 23 de noviembre de 2015

Non paramos!

Este mes de novembro veu cargado de funcións do espectáculo "Zombieeeeeeeeeees!! ... zombies...?" que temos en cartel, o cal estreamos o pasado mes de xullo. A última función prevista é o 28 de novembro, no Centro Sociocultural de Santa Marta, ubicado á entrada de Santiago de Compostela, ás 19h.

Non temos prevista ningunha función máis deste espectáculo, pero rapidamente iso pode cambiar. Se estades interesados en que actuemos no voso concello, contactade connosco vía email no enderezo teatrodoimprovisto@gmail.com, ou ben a través da nosa páxina de facebook no seguinte enlace https://www.facebook.com/Teatro-do-Improvisto-692196200844323/?ref=hl  


Mentres tanto, agardámosvos na próxima función. Moitas grazas a todos por seguirnos! :D

miércoles, 23 de septiembre de 2015

Regresamos!


Aquí está o noso director preparando o novo guión para este ano, e vemos que está entusiasmado.


A pesares disto, temos programadas dúas funcións máis do espectáculo "Zombieeeeeeeeeeeeeeesss!!!!! ... zombies?" para Boiro e para Lousame. Iremos actualizando a información. Mentres tanto, deixámosvos este link para que vaiades facendo ganas coas fotos da estrea na Casa da Cultura de Boiro, o 11 de xullo de 2015.

martes, 30 de junio de 2015

Novo espectáculo!

Boas tardes teatreiros!
A data da estrea estase achegando e sabemos que morredes de ganas de ver a nosa nova proposta. Desta vez adentrámonos nun dos xéneros de moda dos últimos tempos... zombies! Zombies...?
Si! Léchedes ben! Estades preparados para morrer co medo? Non? Nós tampouco!


Cartel provisional

lunes, 4 de agosto de 2014

A incerta viaxe dos Señores Nuwinzki



                  Por fin se desvela o segredo! Xa temos data de estrea! O próximo xoves 14 de agosto, ás 21:30, na casa da cultura de Boiro, presentamos o noso novo proxecto! Non volo perdades!


sábado, 3 de mayo de 2014

Recuperamos as nosas narices clown para "Teatro Cómico"!

               Despois de case un ano dende a última vez que subimos á escena coa nariz de clown, este mes quitámoslle o pó para preparar de novo un pequeno xogo de improvisación. O elenco de teatro do Improvisto decidiu apuntarse a un obradoiro de iniciación ao clown onde, xunto con outros participantes do concello, aprendimos as bases deste xénero teatral. Despois de dous sábados intensivos, demos a coñecer os resultados do taller ao noso público: Media hora de xogos de improvisación onde puxemos en práctica os coñecementos aprendidos..



               Queremos agradecer de maneira especial ao noso mestre Fran, do grupo Os sete magníficos máis un, e á Mesa de normalización lingüística, que foi a encargada de organizar a actividade.
               Quedámonos cos novos coñecementos no peto, e coas vosas gargalladas no noso corazón. En breves subiremos algunha foto do espectáculo. Ata entón, deixámosvos con esta da despedida da montaxe do noso pequeno "acto de fin de curso".

           


               E estade atentos! O 17 de maio, día das letras galegas, tedes a próxima cita connosco...